Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Chapela por dar unha cacholada e causar lesións a outro condutor

RR_Noticias

O home Javier F.B., un mozo de 27 anos veciño de Chapela, está acusado tamén por tentativa de atentado a un axente de autoridade logo de tentar agredir a un axente da policía local. O mozo pasou xa a disposición xudicial e o condutor agredido precisou de varios puntos de sutura.

Os feitos producíronse na tarde de onte domingo na rúa balando no barrio de Laredo en Chapela. Un SEAT Ibiza, conducido por Javier F.B. de 27 anos de idade e veciño de Capela colidía contra un Citröen Saxo que se atopaba estacionado en dobre fila, arrancándolle o espello retrovisor. Malia os danos causados, o condutor non se detivo, polo que o propietario do vehículo danado decidiu perseguilo polas rúas de Chapela dándolle o alto minutos despois. Os condutores enleáronse nunha discusión que rematou cando o detido lle asestou unha cacholada a Francisco R.R. de 50 anos de idade veciños tamén de Chapela provocándolle unha fenda pola que tivo que ser trasladado a un centro médico onde se lle practicaron varios puntos de sutura.
O agresor, lonxe de tranquilizarse, tentou tamén agredir a un axente da policía local que se desprazara ata o lugar e que procedeu a súa detención.
O mozo, de 27 anos de idade enfróntase a un delito de tentativa de atentado a axente da autoridade, outro delito por lesións e un terceiro por alcoholemia, xa que conducía baixo os efectos do alcohol.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará