Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cerco de Redondela súmase ás protestas e esixe un reparto da cota por mariñeiro

RR_Noticias

Unhas 260 familias do noso concello están afectadas directamente pola situación de paro que vive a flota de cerco. Redondela é, segundo explica o representante do cerco na confraría Antonio González “Tonacho” a segunda de toda Galicia en número de barcos. Este armador asegura que co actual reparto de xarda e xurelo un barco como o seu “con 8 tripulantes” só podería vivir un mes.

Denuncia o reparto actual que cualifica de inxusto e anuncia que mentres non se modifique continuarán cóas mobilizacións. Unha protestas que onte deixaban en Santiago de Compostela importantes incidentes e que parece van continuar no futuro. Mariñeiros e armadores anuncian que resistirán mentres non se corrixa o reparto actual nas cotas de xarda e xurelo “un reparto inxusto que fai que comunidades como o País vasco con moitos menos tripulantes teña unha cota moito maior que Galicia”. Unha situacións que ao entender dos afectados débese á falta de peso do goberno galego en Madrid á hora de negociar este reparto e esixen que se “renegocie unha nova redistribucións menos prexudicial para os galegos”. Tonacho lamenta o acontecido onte en Compostela, con queima de colectores e lanzamento de pedras por parte dos manifestantes e disparos de pelotas de goma e agresións pro parte da policía. Asegura que a mobilización comezou pacificamente pero que conforme avanzaron as horas os ánimos fóronse caldeando ata chegar aos enfrontamentos”. Unhas protestas que seguirán “ata que non poidamos máis”.  

Antonio González Tonacho representante do cerco
260 familias afectadas directamente
Reparto inxusto
Reclaman que o reparto da cota se faga por tripulante
Mobilizacións
Anuncian que seguirán coas protestas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará