Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e Xunta piden a Fomento que anule a variante 5 da A-59 e desenvolva a alternativa 11

RR_Noticias

A Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas prepara un escrito de alegacións ao PITVI (Plan Estatal de Infraestruturas, Transporte e Vivenda) no que solicitan ao Ministerio de Fomento que se arquive definitivamente a alternativa 5 do proxecto da autovía A-59. No seu lugar, o goberno galego demanda que se poña en marcha a alternativa 11 por Pazos de Borbén, xa que ten “menor impacto, menor custe e maior capacidade vertebradora”. Tamén demandan de Fomento unha mellora na seguridade viaria da N-555 “por tramos”.

Así llo manifestou onte o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, ao alcalde Javier Bas, nunha reunión que mantiveron no Concello redondelán. O rexedor salientou que neste asunto a sintonía entre a Xunta e o Concello é “total”, xa que ambas administracións defenden a mesma solución para o enlace co autovía que unirá Pontevedra e Vigo. Bas sinala que a alternativa 5 é moi lesiva para o territorio de Redondela, polo que piden que esa opción sexa “arquivada” e que desde o Ministerio se traballe na variante 11, que limita o impacto á parroquia de Vilar. En todo caso, non se trata dunha obra que se vaia facer de xeito inminente. Desde Fomento recoñecen que a autovía A-59 carece de orzamento, e que o PITVI ten previsto que esta infraestrutura se desenvolva a longo prazo. Melloras na estrada N-555 Preguntado pola necesidade de melloras na seguridade viaria da N-555, o conselleiro recoñeceu que se trata dunha actuación “inaprazable”. Agustín Hernández recoñeceu en Redondela que a estrada nacional que une Redondela con Peinador non reúne os requisitos necesarios para un vial destas características. Anunciou que desde a Xunta solicitaron a Fomento que acometa reformas nesta estrada que permitan garantir a seguridade dos peóns e os condutores. Recoñeceu que trata dunhas obras “complexas” que se poderían facer “en varias fases”, aínda que polo de agora non hai un compromiso firme. O alcalde redondelán explicou que o mes pasado se reuniron en Madrid con responsables do ministerio para solicitar tamén a mellora desta estrada. Ante a imposibilidade orzamentaria de executar todas as reformas necesarias, o Concello propón que as actuacións se fagan “por tramos”.  

Agustín Hernández conselleiro
Á Xunta propón que se elimine a variante 5 e se faga a 11 por ser menos lesiva para o territorio.
Javier Bas alcalde
Bas aplaude a decisión da consellería e demanda que se arquive a alternativa 5.
Melloras na N-555
A Xunta demanda de Fomento unha mellora na seguridade vial da estrada nacional 555.
Actuación por tramos
O alcalde solicita que ao non ser viable a mellora de toda a N-555 o ministerio faga as obras por tramos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará