Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O instituto de Chapela homenaxea a Rosalía de Castro

RR_Noticias

O acto terá lugar a partir do mediodía de hoxe e contará con dúas partes, un recitado colectivo do poema “Has de cantar” (1º poema de Cantares Gallegos) no que participará alumnado representando a cada unha das 21 clases do instituto xunto con representación do profesorado e de nais e pais. Inaugurarase un mural na parede exterior do centro deseñado e realizado por alumnos e alumnas de 3º ESO. No mural aparece unha imaxe da escritora xunto coa Ponte de Rande e a Ría de Vigo co lema “Que cante Chapela na lingua que eu falo”.

Con este acto o IES de Chapela quere recoñecer o importante papel de Rosalía de Castro na reivindicación da nosa lingua e cultura e, de paso, promover unha identificación colectiva da parroquia de Chapela co uso orgulloso e a promoción da nosa lingua.
Súmanse deste xeito aos actos que tiveron lugar ao longo de toda Galicia o pasado 24 de febreiro, día de Rosalía, promovidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. As chuvias de xaneiro e febreiro impediron ter rematado o mural a tempo para aquel día, o que nos obrigou a adiar o acto do vindeiro luns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará