Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O entroido inunda a comarca

RR_Noticias

A parroquia de Chapela celebra o sábado a tradicional despedida do carnaval co enterro do berete, unha despedida que non será tal xa que as celebracións continuarán o domingo co desfile de comparsas e a queima do meco no casco urbano da vila, actividades todas elas que foron pospostas por mor do mal tempo.

Sera hoxe mesmo cando arranquen todas as actividades previstas cun espectáculo infantil na Alameda de Chapela que contará coa música de Las Pamisuki. A partir das seis da tarde os pequenos poderán gozar desas actividades en Chapela, parroquia que mañá celebra o tradicional enterro do Berete co saída ás sete da tarde dende o Alto da Encarnación ata as Catro Pontes e baixada á praia de Arealonga onde se procederá á queima do berete.. A festa continuara as once da noite na Alameda coa actuación da orquestra Atenas. Xa o domingo día 9 a concentración de comparsas terá lugar ás 16:00 horas no Campo da Feira para unha hora despois percorrer o centro da vila. Unha vez rematado o desfile e logo de darse lectura aos premios seguirá a festa a cargo da compañía Troula cun espectáculo de lume e animación que leva por nome Pachamama. Espectáculo que concluirá coa queima do meco.   Actos en Soutomaior Soutomaior celebra o entroido con desfile de comparsas e espectáculos infantís O Concello de Soutomaior vivirá esta fin de semana o grosos das actividades do carnaval con actividades variadas na xornada de sábado e domingo. Así, un total de 14 comparsas participarán o 8 de marzo no desfile que partirá dende a Rúa Calvario ás cinco da tarde para percorrer a continuación as rúas Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda de Talo Río onde haberá unha festa coa actuación do Trío Sevilla ata as dez da noite. Xa na xornada do domingo as actividades trasládanse ao pavillón da Montesiña onde terá lugar un espectáculo infantil a partir das 17.30 horas. Baixo o título de “Payasolandia” un total de doce artistas ofrecerán un espectáculo de 2 horas de duración con pallasos parodistas, artistas de circo e os 25 monecos máis famosos do cine e a televisión. Luxosos vestiarios e asombrosos decorados xunto a última tecnoloxía en iluminación e son, fan deste espectáculo que se distinga e brille con luz propia.   Festa de Entroido en Fornelos de Montes O pavillón Municipal de Fornelos acolle hoxe venres a partir das 20:00 horas unha gran festa de disfraces para os máis pequenos con agasallos e sorpresas para todos. Xa en horario nocturno, a partir das 22:30 horas, arrancará a festa para os maiores amenizada pola orquestra Ismael e o dúo Estelar. Tamén os adultos contarán co seu concurso no que se premiará os mellores disfraces individuais, as mellores parellas e os grupos mellor disfrazados, os premios en metálico oscilarán entre o 120 e os 40 euros. Sortearase ademais un cheque por valor de 150 litros en gasoil coincidindo co sorteo da Once do día 8 de marzo. Organiza a comisión de festas de Fornelos en colaboración co concello.  

Herminda Quelle Concelleira de festas
Enterro do berete
Queima do meco
Pachamama a cargo de Troula Animación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará