Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un vigués cando tentaba atracar a oficina de La Caixa en José Regojo

RR_Noticias

Foi un axente da policía local fóra de servizo o que se decatou de que o atracador, ataviado con gorro, abrigo e lentes de sol, estaba ameazando cun arma a un dos empregados da entidade bancaria. Logo de alertar a unha patrulla da Policía Nacional lograron reducir ao atracador, un vigués de 42 anos de idade con catro antecedentes policías por feitos similares.

Os feitos producíronse a última hora da mañá do martes, cando un axentes de policía local fóra de servizo deuse conta de que un home estaba ameazando cun arma a un dos empregados da oficina de La Caixa na rúa José Regojo. O axente alertou a unha patrulla da policía nacional que estaba a desenvolver labores de prevención nas inmediacións. Os axentes aproveitaron un momento no que o atracador se afastou dos empregados e quedou de costas á porta para entrar e abalanzarse sobre el. O home resistiuse e tentou coller a arma do interior dun dos petos da chaqueta pero foi inmobilizado por un dos axentes. O atracador levaba un revolver cargado con cinco cartuchos.
Segundo as testemuñas o home entrou na sucursal ataviado cu gorro, abrigo e lentes de sol e dirixiuse á mesa dun dos empregados. Logo dirixiuse á caixa, intimidando a outro empregado co revolver e esixíndolle o diñeiro, á vez que obrigada aos demais a permanecer nos seus lugares.
O detido, un veciño de Vigo de 42 anos de idade, conta con catro antecedentes policiais pro feitos semellantes e pasou a disposición do Xulgado de instrucción Número Dous de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará