Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non se beneficia do descenso do paro

RR_Noticias

O paro descendeu en 1.006 persoas en Galicia no mes de febreiro, pero este descenso non se viu reflectido no noso concello, que experimentou no pasado mes un lixeiro incremento no número de desempregados. En total, son nove persoas máis as que se inscribiron nas listas do paro, sendo actualmente 2.933 as que se atopan nesta situación. Con todo, Redondela si reduciu o número de parados no último ano, xa que nestas mesmas datas no 2013 eran 3157 as persoas en situación de busca de emprego.

O único concello da comarca que si segue a tendencia detectada no último mes tanto a nivel Galicia como España é o de Soutomaior, xa que dezaseis dos seus veciños atoparon emprego no último mes, situándose agora o número de parados en 908. 
En Pazos de Borbén son 4 persoas máis as que se incorporan a esta lista cun total de 475 en paro, mentres que Fornelos de Montes non experimenta cambio algún e mantense en 236 desempregado, cifra idéntica ao mes de Xaneiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará