Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Concellería de Vías e obras asfaltará a estrada á praia en canto mellore o tempo

RR_Noticias

O responsable deste departamento, o edil Cándido Vilaboa recoñece o deterioro que presenta o vial e asegura que o seu arranxo está pendente de que mellore a situación meteorolóxica. Engade que o asfaltado xa estaba previsto para despois da obra acometida por Adif e que consistiu na ampliación do vial pero que non se puido realizar debido a que cando remataron eses traballos chegaron as precipitacións.

Unha actuación que afectará ao tramo ampliado polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e que estaba previsto acometer tres meses atrás, pero que tivo que se posposta por mor das continuas precipitacións. espera o edil Cándido Vilaboa que a obra se poida realizar en breve “en canto o tempo mellore”.
Vilaboa deu estas explicacións logo das queixas veciñais que alertaban do mal estado desta estrada que comunica Redondela coa praia da Punta en Cesantes. Unha queixas recollidas tamén polo PSOE quen esixían o arranxo da estrada e alertaban de que o deterioro do firme seis meses despois da actuación de ADIF está a provocar que este se desfaga. Reclamaban tamén dende o grupo socialista que o goberno local procedese ao seu arranxo “para evitar males maiores como un accidente ou un atropelo”.
Vilaboa adiantou tamén que están a negociar con ADIF a ampliación doutro tramo da estrada co obxectivo de que ao longo de todo o vial poidan circular dous coches “unha actuación que podería realizarse xa no vindeiro verán e que viría completar o retranqueo realizado o pasado ano”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará