Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova Redondela somete a referendo o modelo de coalición ás europeas

RR_Noticias

A votación celebrarase o domingo 23 na Casa da Cultura. Están chamados a participar os militantes da formación no noso concello que deberán depositar os seus votos dende o mediodía ata as nove da noite, hora na que se pechará a urna para facer o reconto.

A Casa da Cultura de Redondela acolle este domingo o referendo para determinar o modelo de coalición co que Anova concorrerá ás eleccións europeas. Un acto enmarcado dentro do proceso asambleario que está a desenvolver esta formación política nas diferentes comarcas e no que se somete tamén a votación a ratificación do seu programa electoral.
Os afiliados á formación poderán elixir entre tres opcións entres as que se inclúe tamén a posibilidade de non presentares aos comicios europeos do vindeiro mes de maio. As outras dúas opcións que baralla a formación que lidera Xosé Manuel Beiras é presentarse en coalición con Izquierda Unida ou ben facer unha fronte ampla coas diferentes formacións da esquerda nacionalista de todo o Estado.
A votación terá lugar o domingo 23 dende ás 12:00h da mañá ata ás 21:00h na Casa da Cultura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará