Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica que a tardía actuación nun camiño de Cesantes obrigará ao seu arranxo completo

RR_Noticias

O camiño de Portalevada é segundo os socialistas “un exemplo de mala xestión e actuación tardía”. Explican que a actuación realizada hai uns días polo departamento de vías e obras consistente en “tapar con asfalto algúns dos numerosos buratos que presenta a estrada” chega demasiado tarde “cando o deterioro do camiño é tan grande que só se soluciona cun asfaltado completo”.

Fochancas, area, cambios de nivel, asfalto rachado e rugosidade son algunhas das características que presenta este vial da parroquia de Cesantes. A esta situación chégase, segundo o PSOE, porque hai meses que o goberno municipal tería que ter intervido. De feito, hai xa no pasado novembro a Asociación de Veciños de Cesantes solicitou o arranxo de dito camiño. A actuación chegou máis de dous meses despois da petición veciñal e cando a situación do asfalto é irreversible.
Dende a agrupación socialista de Redondela solicitan que se actúe para reparar o asfalto e que se realice “unha labor completa no camiño que inclúa a limpeza dos laterais e a creación dun pequeno conduto por onde poida baixar a auga”.
Camiño das Lopas
Reclaman tamén que se proceda a arranxar unha quenlla de ferro que cruza o camiño das Lopas,  por ser un importante obstáculo e perigo tanto para os coches que circulan polo lugar como para moitos nenos que acoden a escola de Primaria de Cesantes por este vial. Unha situación que tamén foi denunciada en novembro pola  Asociación de Veciños de Cesantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará