Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O arquitecto Fernando Sampil lidera a única candidatura a presidir a Asociación de Empresarios

RR_Noticias

O colectivo empresarial celebra mañá as eleccións para elixir ao novo responsable da Asociación. A única candidatura presentada está formada por “un grupo heteroxéneo de asociados” presididos polo arquitecto Fernando Sampil que se fundamenta segundo explican “na transparencia e na participación directa de todos os asociados”.

Trátase dunha candidatura paritaria na que Ferando Sampil está acompañado de Susana Míguez, Agustín Lovera Bas, José Luís Casal Iglesias, Mª Pilar Fernández Otero, Míriam Rodríguez Castro, Jorge Varela Couñago e Mª Carmen Docampo Cabaleiro.
Oito persoas que promoven “potenciar a transparencia dos órganos de dirección da Asociación así como a implicación e participación directa dos asociados”.
Entre os obxectivos que se marcan para o sector do comercio e a hostelaría salientan a necesidade de “encher de contido o termo Centro Comercial Aberto” con campañas de marketing que atraian clientes, formación que mellore os negocios e compras colectivas de mercancías e servizos que abaraten os seus custes.
Para o sector industrial recollen a necesidade de que a asociación de empresarios acompañe e represente a este sector ante as distintas administracións para lles facilitar principalmente a xestión de solo industrial e a simplificación de trámites administrativos.
O proceso de eleccións na Asociación de empresarios abríase o pasado 15 de xaneiro para relevar do cargo ao que fora durante 12 anos presidente do colectivo José Antonio Gómez, logo de que presentase a súa renuncia ao cargo a raíz do polémico proxecto de urbanización de Canabal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará