Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o ciclo de cine en galego “Versión orixinal”

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un novo ciclo de cinema en lingua galega para as noites dos venres. Baixo o nome “Versión orixinal” preténdese achegar producións audiovisuais de calidade á poboación redondelá. As proxeccións, en alta definición, realizaranse a venres alternos no Auditorio da Xunqueira, ás 21.00 h, con entradas a 3 € e arrancan o día 7 coa película Doentes.

O ciclo vaise desenvolver do 7 de febreiro ao 4 de abril, e incluirá producións de recoñecido prestixio e calidade. Desenvolveranse os venres 7 e 21 de febreiro, 7 e 21 de marzo, e 4 de abril. Nesta segunda edición exhibiranse cinco producións galegas de notable éxito nos últimos anos: Doentes, dirixida por Gustavo Balza, sobre o texto da obra teatral orixinal de Roberto Vidal Bolaño; Arraianos, dirixida por Eloy Enciso, e baseada parcialmente na obra O bosque de Jenaro Marinhas del Valle; 18 comidas, dirixida por Jorge Coira, premio Mestre Mateo 2011 á mellor longametraxe, entre outros premios; Costa da Morte, dirixida por Lois Patiño; e Tralas Luces, dirixida por Sandra Sánchez. Todas as producións son aptas para todos os públicos, agás a primeira que é recomendada para maiores de 7 anos. As entradas poderanse adquirir no Multiusos da Xunqueira dende 2 días antes a cada proxección. Esta actividade de dinamización lingüística pretende mostrar a riqueza e utilidade da lingua galega para as creacións audiovisuais, ao tempo que impulsa actividades de lecer en galego para toda a cidadanía. Ademais procura unha sensibilización da poboación cara ás creacións artísticas galegas e a necesidade de apoiar as producións que se fan en Galicia.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos da película do venres 7

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará