Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos nas Pardiñas nun partido con moitas ocasións pero sen goles

RR_Noticias

O Choco conseguiu arrancar un punto no campo do Somozas, nun encontro moito máis aberto do que reflicte o resultado. Redondeláns e locais loitaron polo partido e fixeron méritos para facerse cos tres puntos. Os de Jacobo Montes son agora sétimos, a cinco puntos da cuarta praza.

Terceira División
Somozas 0-0 Choco
O Choco foi dono dos primeiros minutos do partido, nos que estivo rondando a meta de Abraham, aínda que sen demasiadas accións de verdadeiro perigo. Tamén o Somozas tivo ocasión de adiantarse por medio de Stefan, aínda que lles faltou efectividade. Na continuación, o Somozas mellorou o seu xogo e, aos poucos, comezou a acumular accións de perigo ante un Choco metido cada vez máis atrás debido ao cansazo. A máis clara delas foi obra de Héber Pena, cando restaban vinte minutos para o final, nun balón que, co porteiro xa batido, un defensa despexou de cabeza baixo os paus. O duelo non deu para moito máis de aí ao final e os dous fóronse cun punto. Os dous conxuntos continúan na parte de arriba da clasificación. O Choco queda a cinco puntos da cuarta praza, mentres que o Somozas mantense a dous puntos dunha das prazas que permite disputar a fase de ascenso a Segunda División B. Na próxima xornada os de Redondela terán ocasión de rematar coa racha de seis partidos sen gañar, xa que reciben en Santa Mariña ao Dorneda, equipo afundido na metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica
Choco B 3-1 Bouzas B
O filial do Choco impúxose con superioridade ao Bouzas B, afundido na metade baixa da táboa. Os redondeláns manteñen a 6ª praza do grupo, posición que deberán defender a próxima fin de semana na casa do líder, o S.Esteban.
Soutomaior 0-0 Arcade
Reparto de puntos nun derbi local que despertara moita expectación, pero que rematou sen goles. O Soutomaior desperdiciou un penalti no minuto 75, e que foi unha das poucas ocasións que se viron no encontro. O empate segue a deixar aos dous equipos na parte baixa da clasificación. Arcade 12º, Soutomaior 13º. Na próxima xornada o Arcade recibe ao Bueu (10º) e o Soutoamior xoga no campo do Vilagarcía (11º)
Terceira Autonómica
Monteporreiro 1-2 Cesantes
Os redondeláns superaron ao Monteporreiro a domicilio, co que amplían a distancia sobre os seus perseguidores. O Cesantes prepara agora o próximo partido, que xogarán este domingo na casa diante do Vilaboa (4º).
At.Vilar 0-1 Pereiró
O Vilar non puido que Pereiró, que venceu pola mínima e acada o liderado. Con todo, o Vilar mantén a 8ª praza do grupo, e o próximo domingo xogan no campo do Moledo, un posto por riba dos redondeláns.
Alcabre 3-3 Chapela
Reparto de puntos nun partido con moitos goles, onde o Chapela soubo facerse forte diante do que até onte era o líder, o Alcabre. Os de Redondela remontaron un 3-0 en contra ata acadar o empate na segunda metade. O resultado fai baixar na táboa aos dous rivais, agora o Chapela é 6º. Na próxima xornada o Chapela recibe ao Montecastelo, da metade baixa da táboa.
Nespereira 1-2 Caselas
Os de Pazos mantéñense no 4º posto do seu grupo malia a derrota diante do Caselas. O domingo poderían recuperar a senda da vitoria, xa que xogan no campo do pechacancelas, o Covelo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará