Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse voluntarios para participar nun proxecto europeo sobre mobilidade

RR_Noticias

A Cooperativa Trespés coordina esta actividade na que participarán 22 persoas procedentes de Bélxica, Macedonia, Exipto e Galicia. As persoas interesadas en participar deben poñerse en contacto coa cooperativa a través do teléfono 986 110045 ou no enderezo info@trespes.com antes do 5 de febreiro.

O obxectivo deste proxecto europeo é buscar fórmulas alternativas de transporte autoxestionado a través da interacción e posta en común das ideas dos participantes que asistirán entre o 10 e o 16 de marzo a un seminario que terá lugar en Redondela. Durante esa semana os voluntarios procedentes dos catro países implicados traballarán no deseño dunha alternativa de transporte para o noso concello. A Cooperativa Trespés está actualmente buscando as persoas participantes no proxecto. Tania Martínez anima a todas aquelas persoas interesadas en participar a poñerse en contacto con eles a través do teléfono 986110045 ou no enderezo info@trespes.com e lembra que non é necesario cumprir ningún requisito. Ademais a estancia e os gastos de manutención estarán cubertos durante os días que dura o seminario.  

Tania Martínez Trespés
Explícanos en que consiste o proxecto
Voluntarios
Non é necesario cumprir con ningún requisito para participar
Traballo previo
Antes do seminario de marzo os participantes deberán facer unha análise da situación da mobilidade en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará