Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entran en Lenda e rouban 300 euros que gardaban para a compra de material

RR_Noticias

Nas últimas horas producíronse no centro da vila varios atracos que están a ser investigados pola Policía Nacional. O último producise no Centro de atención ao enfermo mental Lenda, de onde os asaltantes se levaron diverso material e algo máis de 300 euros en metálico. Horas antes denunciouse outro roubo no quiosco de madeira que se atopa nas inmediacións do Multiusos da Xunqueira.

Foron os propios traballadores de Lenda os que se decataron do roubo esta mañá cando chegaron ás instalacións ao redor das nove. Todo apunta a que os asaltantes accederon ao interior do inmoble, na rúa Reveriano Soutullo forzando unha das fiestras do edificio. Unha vez dentro fixéronse cos carto que gardaban nun pequena caixa forte “entre uns 300 e 400 euros que tiñamos en efectivo para a compra de material”. Tamén botan en falta algúns medicamentos e unha coitela dun plóter.
Nas últimas horas produciuse tamén un roubo no quiosco que se atopa nas inmediacións do Multiusos da Xunqueira. Neste caso os asaltantes rebentaron unha fiestra retirando os parafusos de seguridade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará