Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica a decisión de Abel Caballero de retirar o bonobús aos veciños de Redondela

RR_Noticias

O concelleiro socialista, Eduardo Reguera, reuniuse co alcalde de Vigo, Abel Caballero para lle trasmitir “en primeira persoa a disconformidade do agrupación de Redondela coa repercusión negativa que suporá a retirada do bonobús aos veciños do noso concello”. Critican o xeito en que o rexedor vigués procedeu na retirada das tarxetas aos non empadroados en Vigo e instan a Deputación e Xunta a que se impliquen e asuman o custo do transporte metropolitano como fan en Santiago ou A Coruña.

A decisión do alcalde de Vigo de retirar a tarxeta verde aos usuarios do Vitrasa que non estean empadroados na cidade afecta principalmente aos veciños de Chapela que empregan a liña entre esta parroquia e a cidade olívica pero tamén para o resto da veciñanza xa que segundo explica Reguera “para algo tan necesario como acudir a un Hospital de Vigo moitos veciños de Redondela utilizan o Vitrasa que sae do Alto da Encarnación”.
Os socialistas de Redondela non entran a valorar se é oportuno o plan de aforro pretendido polo Alcalde de Vigo pero si “mostran a súa preocupación por esta medida ao mesmo tempo que apuntan que a verdadeira solución a este problema pasa por enmarcar este asunto no plan de transporte metropolitano”.
No que sí coincide o grupo municipal de Redondela co alcalde de Vigo, Albel Caballero, é na necesidade de que no futuro inmediato a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia asuman o custo do transporte metropolitano como sucede nas cidades de Santiago ou A Coruña. Por este motivo, instan a Javier Bas, alcalde de Redondela, a que asuma o problema como propio e trate de facer as xestións necesarias para que os veciños de Chapela poidan desfrutar dun transporte metropolitano en condicións.
Insisten en que non coinciden co grupo socialista de Vigo na forma en que foi retirada a tarxeta ós usuarios de Chapela e critican este xeito de proceder, pero entenden que “este custo non debe ser asumido por unha única institución e que a Xunta e a Deputación teñen que implicarse para solucionar este problema como sucede noutras cidades como Santiago ou A Coruña”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará