Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praga do nematodo obriga á corta de piñeiros nos montes de seis parroquias de Redondela

RR_Noticias

Para evitar a expansión da enfermidade denominada “Nematodo da madeira do piñeiro” a Xunta establece o cortado e procesado de todos os piñeiros secos e decaídos nun raido de 20 kilómetros ao redor foco inicial que se localiza entre as localidades de As Neves e Salvaterra. Unha medida que afecta á totalidade do territorio de Saxamonde e Vilar de Infesta así como a boa parte Reboreda, Quintela, Negros e Cabeiro.

A Consellería de Medio Rural e do Mar emitiu un bando no que explican aos veciños a obrigatoriedade de realizar a corta e retiradas de piñeiros e outras coníferas secas para evitar que se transmita a praga do nematodo ou “verme do piñeiro”. As parroquias afectadas son seis, a totalidade do territorio de Saxamonde e Vilar de Infesta e parcialmente tamén as parroquias de Reboreda, Quintela, Negros e Cabeiro. O obxectivo da orde emitida pola xunta e lembrar aos propietarios de piñeiros e ás comunidades de montes a obrigatoriedade de proceder a cortar e retirar as árbores secas ou decaídas. O presidente da comunidade de montes de Saxamonde, Arturo Piñeiro, lembra que eles por estaren na franxa afectada están a realizar estas cortas daquelas árbores que amosan algún síntoma, pero descoñece se na comarca se produciu algún repunte da praga. Están afectados por esta normativa todos os propietarios de fincas arboradas con especies sensibles e que se atopen nas zonas delimitas que teñen a obriga da eliminación in situ mediante a tala, extracción, conversión en estelas e procesamento en lugares axeitados das árbores secas ou decaídas. Unha medida que pode resultar moi custosa para os propietarios particulares polo que Piñeiro recomenda que se informen ante calquera sospeita. Os traballos deberán levarse a cabo antes do 31 de xaneiro e no caso contrario executaralos a Administración con cargo aos propietarios. A non realización destes traballos constitúe unha infracción grave que pode levar consigo unha sanción de entre 3.001 e 120.000 euros.  

Arturo Piñeiro Comunidade de montes de Saxamonde
Hai pouca información sobre o estado no que se atopa a praga
Recomendacións aos particulares
O primeiro informarse para evitar unha eventual sanción económica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará