Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela cae ante o Academia Octavio e a SAR vence pola mínima ao Granitos Ibéricos

RR_Noticias

O Academia Octavio fixo valer a súa condición de local no regreso do derbi co balonmán Chapela máis de quince anos despois e sumou os dous puntos en xogo logo de vencer o encontro por 27 goles a 24. Pola súa banda, a SAR lograba unha vitoria pola mínima (23-22) ante o granitos ibéricos.

Encontro da decimosexta xornada de División de honra prata disputado no pavillón de As Travesas ante máis de mil espectadores que gozaron dun partido emocionante, onde os de Fran Teixeira malia ao seu bo xogo non puideron facer nada ante o bo facer d porteiro rival García Lloria. Practicamente durante todo o partido o Octavio foi por diante no marcador ata chega ao remate con vitoria para os locais. Os vigueses manteñen así a súa boa racha e continúan enganchados á zona alta da clasificacións. Pola súa banda, o Catro Construcciones Chapela mantén a distancia co descenso no decimo segundo posto da clasificacións. Difícil partido o da vindeira fin de semana, repiten fora da casa e contra un complicado rival, o Alcobendas, equipo que ocupa a segunda praza da táboa..
Vitoria Pola mínima para a SAR
Un gol de Tito daba a vitoria ao Plastic Omnium no partido disputado esta fin de semana na bomboneira ante o granitos Ibéricos. Un partido no que a SAR foi claramente superior como o amosa o feito de que a dez minutos do final gañaba de catro goles. Con todo, o Granitos presionou ao seu rival e chegou a empatar a falta de tan só un minuto. Un tanto final de Tito deu a vitoria a SAR, equipo que se sitúa na metade da táboa en primeira nacional, ocupan a oitava praza e na vindeira semana desprázanse ao campo do Bueu.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará