Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro de Día de Cesantes continúa sen data de apertura

RR_Noticias

A Concellería de servizos sociais e igualdade, Teresa París asegura que dende a súa chegada ao goberno están a traballar para que a apertura deste Centro asistencial sexa unha realizade o antes posible. Adianta que este mesmo ano comezarán a equiparse ás instalacións aínda que recoñece que non teñen datos concretos sobre a súa apertura.

Rexeitan dende o PP as críticas dos nacionalistas que os acusaban de “pasividade” neste asunto por non poñer en marcha unhas instalacións cuxas obras remataron hai xa meses. Asegura a responsable de servizos sociais e igualdade que dende a súa chegada ao goberno de Redondela están a negociar para que este edificio abra as súas portas o antes posible e que esperan que esas negociacións dean os seus froitos en breve. Adianta que este mesmo ano as instalacións serán dotadas do equipamento, mobiliario e material necesario para atender aos futuros usuarios. Con todo, aínda quedará logo un dos temas máis complicados, dotar o centro de persoal para a súa xestión. Teresa París apunta ademais que sería importante a súa posta en marcha non só polo servizo que prestaría senón tamén polos postos de traballo que ía xerar e porque serviría para consolidar ao noso concello como cabeza de comarca O BNG celebraba recentemente ás portas deste Centro asistencial un acto reivindicativo no que reclamaban a apertura inmediata do edificio terminado hai dous anos e que está previsto que dea servizo a 50 persoas, con vinte prazas en réxime de residencia e trinta en réxime de día.  

Teresa París concelleira de Servizos Sociais
Asegura que dende o goberno están a traballar para que o centro abra canto antes
Un centro de referencia
O Centro de día crearía emprego e consolidaría o noso concello como cabeza de comarca

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará