Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela xa non poderán acceder ao cartón verde de Vitrasa

RR_Noticias

Desde hoxe venres as persoas non empadroadas en Vigo xa non poderán facerse co cartón verde que aplica unha rebaixa ao billete de Vitrasa. Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, a medida non será de aplicación inmediata, e todos os usuarios que a día de hoxe dispoñan de bonobús poderán seguir utilizándoo “por agora”.

Os veciños de Chapela que diariamente utilizan o transporte urbano de Vigo están “indignados” con esta medida, que lles suporá un “grave prexuízo económico”, xa que terán que pagar 1,32 polo billete, un prezo moi superior ós 86 céntimos que pagan actualmente co cartón. Desde a Asociación de Veciños de Chapela amosan a súa preocupación por esta medida, xa que se trata dun servizo público moi utilizado por aqueles que a diario deben desprazarse a Vigo por motivos laborais, de estudos, ou para acudir a consultas médicas. A presidenta da asociación, Ángeles Méndez, explica que xa lle remitiron un escrito ó alcalde de Redondela para pedirlle que negocie co Concello de Vigo unha solución en beneficio dos veciños da parroquia. O anuncio do Concello de Vigo non é unha sorpresa para os usuarios. Caballero cumpre así a advertencia realizada hai semanas de que limitaría o cartón aos vigueses, e emprazou aos municipios limítrofes, á Deputación e á Xunta, a que asinen un convenio co Concello de Vigo facéndose cargo da subvención correspondente, se queren que os veciños doutras localidades poidan gozar do desconto nos autobuses.  

Ángeles Méndez presidenta da A.VV.
Méndez amosa preocupación por esta medida xa que afecta a centos de veciños que a diario de desprazan a Vigo por motivos laborais ou de estudos.
Negociación co alcalde
A asociación veciñal xa solicitou que o alcalde de Redondela se reúna co rexedor vigués para chegar a una acordo en favor dos veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará