Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mal tempo e as imprudencias provocan tres accidentes de tráfico en menos de catro horas

RR_Noticias

Tarde a de onte marcada polos accidentes de tráfico con tres sinistros en diferentes puntos do concello. Colisións que se producían en Chapela, O Viso e Redondela en menos de catro horas e que afortunadamente non deixan ningún ferido de carácter grave aínda que si varios lesionados leves e numerosos danos materiais.

Unha saída de vía na Subida á Buraca en Chapela saldábase con dous feridos. O accidente producíase ás 18:45 horas cando o condutor dun Seat León perdía o control do vehículo nunha curva e se precipitaba  a un pequeno regato. Os seus dous ocupantes resultaron feridos leves.
Pouco despois, ao redor das 19:20 producíase outro aparatoso sinistro con tres coches implicados na N-550 á altura de Pereiro na parroquia de o Viso.
Finalmente ás 22:15 un vehículo Seat Córdoba colidía contra o peche do campo de fútbol anexo de Santa Mariña causando importantes danos nesas instalacións deportivas. O único ocupante do vehículo resultou ileso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará