Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os monólogos tamén se escoitan en Chapela

RR_Noticias

Víctor Fábregas, Celso Sanmartín, Patricia Vázquez e Quico Cadaval pasarán polo Multiusos do Piñeiral do Crego dentro do festival de monólogos Lareta que organiza o Servizo de Normalizacións Lingüística. O programa arranca este sábado día 18 co espectáculo  Inmortal. A entrada é de 4 euros para o público en xeral e de 2 euros para persoas xubiladas, estudantes e público infantil.

O Servizo de Normalización e mais a Concellaría de Cultura apostan pola dinamización lingüística a través dunha nova edición do festival de monólogos que achegará catro novos espectáculos ao Auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela co obxectivo de fomentar o uso oral da lingua galega e promover a creación artística daquelas persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e  comunicación. Despois do éxito acadado coa celebración do Lareta 2013, o festival de monólogos chegará agora  a Chapela a partir do vindeiro sábado18 de xaneiro. O programa desta edición inclúe un contador-actor que xa estivo na anterior edición, Quico Cadaval (aínda que cun monólogo diferente), e outros tres que non estiveron aínda en Redondela: Víctor Fábregas e Patricia Vázquez para público adulto, e Celso Sanmartín para público familiar. O programa arranca este sábado ás 20.30 h co monólogo Inmortal a cargo de Víctor Fábregas. O sábado 25 de xaneiro subirase ao escenario Celso Sanmartín co espectáculo Contos que non falten. Quico Cadaval será o encargado e inaugurar o mes de febreiro con “Unha noite con Quico” o sábado día 1. Pechará o programa os “Problemas circulatorios” de Patricia Vázquez. Todas as funcións serán ás 20:30 horas.  

Eva García Rei Normalización Lingüísticca
Fálanos das actuacións do Lareta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará