Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cede dous puntos ante o Negreira

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes non foron quen de pasar do empate, co que perderon unha boa oportunidade de achegarse un pouco máis aos postos da fase de ascenso. Albert adiantou o marcador para os redondeláns, pero Alvarito conseguiu a igualada para o Negreira na segunda parte.

Terceira División
Choco 1-1 NEgreira
O Campo de Fútbol de Santa Mariña foi o escenario dun dos peores partidos do Choco, que se enfrontaba a un Negreira plagado de baixas. Albert logrou pór por diante aos locais nunha boa combinación entre Caloi e Yeray. Sen moita claridade nos metros finais, e sen o sancionado Pablo Couñago, o cadro de Jacobo Montes tivo moitos problemas para superar a liña defensiva dun Negreira que antes do descanso xa tivo varias chegadas con perigo. Na continuación, e con media hora por diante, Alvarito igualou o partido cun disparo cruzado desde dentro da área. De aí ao final, os dous equipos semellaban conformes cun empate, aínda que os rivais están a loitar por obxectivos ben diferentes. O Choco por seguir soñando cun Play-off e os visitantes por eludir o descenso. O empate mantén a ilusión dos de Jacobo Montes que quedan a un só punto dos postos de promoción. O Choc mantén a 6ª praza, e o domingo xogarán no campo do Órdenes, que é 8º.
Segunda Autonómica

Soutomaior 0-2 -Campolameiro
Os de Campolameiro seguen líderes logo da derrota do Soutomaior, que non foi quen de superar aos visitantes. O Soutomaior é 13º, na próxima xornada xogarán no campo do Umia, no 6º posto.
Choco 1-0 Nieto
O Choco está na 6ª praza logo da vitoria diante do Nieto. Na próxima xornada xogan no campo da Guía, que é 4º
A Lama 1-2 Arcade
Chota adiantou aos de A Lama, pero Junior e Rubén déronlle a volta ao marcador para o Arcade, nun segundo tempo brillante do equipo de Soutomaior. O Arcade é 12º, na próxima xornada reciben ao Amanecer, 3º do grupo.
Tercera Autonómica

Santomé 1-5 Cesantes
O Cesantes gaña por goleada a un feble Santomé. A vitoria deixa aos redondeláns no posto 11º, que a próxima fin de semana recibe ao Caroi, sumido na parte baixa da táboa.
Casablanca 2-2 Vilar
O Vilar conseguiu arrancar un empate na súa visita ao campo do Casablanca, o que lles permite aos redondeláns manter a 8ª praza. Rematan así a primeira volta, e arrancan a segunda metade do campionato tamén fóra da casa, será no campo do Sta Eulalia, un posto por baixo do Vilar.
Chapela 1-3 Pereiró
O Chapela viuse impotente ante un Pereiró moi superior, malia que os visitantes xogaban cun home menos desde o minuto 25. A derrota recorta distancias entre os dous equipos, aínda que o Chapela mantén a 2ª praza, pero agora co Pereiró a tan só un punto de distancia. Comezarán a segunda volta xogando no campo do Coruxo B.
Nespereira 2-2 Castelo
O Nespereira non foi quen de pasar do empate diante do Castelo, un resultado que deixa aos de Pazos no 4º posto do seu grupo. A próxima fin de semana comezan a segunda volta como locais, reciben ao C.Areas B, afundido na parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará