Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova Redondela defende unha alianza galega fronte ás eleccións Europeas

RR_Noticias

Ante os vindeiros comicios europeos Anova aposta por alianzas políticas constituídas polos principais partidos e coalicións nacionalistas de Galicia, Euskadi e Catalunya e que integre tamén a esquerda estatal, nomeadamente IU. Con todo e ante a realizade de que esa alianza non sexa posible entenden que a prioridade sería “a constitución dunha fronte ampla galega que teña como eixo vertebrador a esquerda e o nacionalismo”.

Este foi un dos puntos debatidos na Asemblea que a Anova Redondela celebrou o pasado sábado para debater as liñas programáticas e posibles alianzas coas que ANOVA-IN vai concorrer as próximas elección europeas.
Ademais de incidir na importancia e transcendencia destas eleccións, a asemblea apoiou as liñas programáticas propostas pola Coordinadora Nacional e a ratificación das decisións pola militancia en referendo nas propias asembleas locais, facendo achegas  como a creación e posta en funcionamento de mecanismos de comunicación multilateral entre as persoas europarlamentarias, a cidadanía e os movementos sociais que permitan o achegamento da vida real ás institucións europeas e viceversa.
Por outra banda, Alternativa Galega de Esquerdas ven de presentar unha iniciativa no parlamento de Galicia na que insta ao goberno galego a elaborar un plan de xestión cultural para a Illa de San Simón en contacto co tecido cultural e artístico da comunidade e en colaboración cos colectivos de recuperación da memoria histórica de Galicia que inclúa unha planificación anual e unha programación de actividades para o presente ano así como que garanta o funcionamento das súas instalacións como centro histórico, cultural e etnográfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará