Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alcalde de Pazos nega que existan negociacións de cara a fusionarse con Mondariz e Covelo

RR_Noticias

Andrés Iglesias rexeita rotundamente esa idea porque entende que “o Concello é a administración máis proxima aos cidadáns e que así debe seguir sendo”. Asegura ademais que Pazos de Borbén é un concello saneado, con gastos e ingresos equilibrados e que a vinculación económica e social con Mondaríz e Covelo é escasa malia a proximidade xeográfica.

“Sempre houbo elefantes e sempre houbo pulgas” con esa afirmación o rexedor de Pazos defende a existencia de concellos que como o de Pazos non superan os 5.000 habitantes. De feito segundo o último censo conta tan só con 3110 veciños, pero entende -contrariamente ao defendido pola Xunta – que esa non é xustificación para se fusionar con outros municipios. Neses sentido Iglesias declárase “defensor dos concellos” por ser a entidade máis próxima aos veciños. Apunta ademais que o concello que preside “está saneado, está facendo os deberes e está atendendo aos veciños” polo que non hai ningún argumento que puidese apuntar a unha eventual fusión. Finalmente reitera que non participou en reunión algunha para abordar este asunto e engade que “unha cuestión desta relevancia é algo que non deberían decidir os alcaldes senon os propios veciños”.  

Andrés Iglesias alcalde de Pazos
Asegura que non existen negociacións sobre unha eventual fusión de concellos
Defensor dos concellos
Entenden que a súa existencia é fundamental independentemente do seu tamaño
Economía saneada
Un concellos coas contas ao día

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará