Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pecha o ano con 56 parados máis

RR_Noticias

Non foi o mes de decembro un bo mes para o emprego en Galicia nin tampouco na comarca, onde tanto Redondela como Soutomaior viron incrementar o número de persoas inscritas nas listas do INEM. Pola contra, tanto pazos de Borbén como Fornelos experimentaron un lixeiro descenso nas listas do paro.

O desemprego no noso concello seguiu a tendencia do resto de Galicia cun aumento no número de persoas anotadas nas listas do INEM pechando o 2013 con 2911 desempregados, 56 parados máis que os contabilizados no mes anterior e un repunte que deixa en Redondela o peor dato dos últimos seis meses.
A mesma tendencia rexistrouse no Concello de Soutomaior, onde se pechaba o ano con 18 desempregados máis ao pasar dos 893 parados no mes de novembro aos 911 de decembro.
Mellores foron os resultados nos concello de Fornelos e Pazos, municipios nos que o paro se reduciu lixeiramente.  Fornelos queda con 233 parados, seis menos que o mees anterior. Mesmo descenso experimenta pazos que pecha o ano con 462 persoas sen emprego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará