Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

King África e Toñi Salazar para despedir o ano no Viso

RR_Noticias

King Africa será un dos encargados de imprimirlle ritmo a festa de fin de ano que esta noite se celebra nunha carpa instalada no campo de fútbol de Cesantes en O Viso. Ademais os Centros Culturais das parroquias organizan festas de madrugada para darlle a benvida ao 2014 en Trasmañó, Cedeira e Vilar.

Malia que adoitamos identificalo cos ritmos máis veraniegos  parece que King Africa tamén ten ánimos para berrar aquilo de “boooomba!!!” cando aperta o frío. E non estará so na proposta festiva que se vai celebrar esta noite a partir da unha da madrugada na parroquia de O Viso. Pasarán tamén polo escenario Toñi Salazar de Azúcar Moreno, Sara Alazán xunto aos DJ Traffic House.
Unha vez rematadas estas actuación, os asistentes a esta festa na parroquia no campo de Fútbol de Cesantes poderán seguir gozando da festa coa orquestra Marazul.
Ao finalizar servirase ademais o tradicional chocolate con churros.
A festa celebrarase nunha carpa climatizada e o prezo da entrada será de 20 euros en venta anticipada e 25 euros na billeteira e inclúe ademais unha consumición.
Festas en Centros Parroquiais
Os centros culturais e Trasmañó, Cedeira e Vilar tamén convocan aos veciños a participar das súas propostas para despedir o ano. En Trasmañó o centro cultural dará a benvida ao 2014 cunha festa baile a partir da unha da madrugada na cantina do centro mentres en Cedeira a festas contará coa música da orquestra Solymar. En Vilar a cita será a partir da 1:30 e a música correrá a cargo do trío Nuevo Milenio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará