Hoxe é Venres 24 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

O libro “Rita Regojo: la alegría de regalar vida” recolle a labor social e empresarial da redondelá

RR_Noticias

A publicación, escrita pola xornalista Patricia Alvarez, realiza un percorrido pola vida de Rita Regojo con referencias á súa labor empresarial pero sobre todo a súa traxectoria como fundadora da ONG Aldeas Infantiles en Redondela. O acto de presentación do libro contou coa presenza de familiares, políticos e personalidades do ámbito empresarial e social, como o presidente nacional de Aldeas Infantiles, Pedro Puig e a presidenta galega da asociación, Rosa Freire.

A presentación do libro “Rita Regojo: la alegría de regalar vida” celebrada na noite do venres no Multiusos da Xunqueira converteuse nunha cita homenaxe á que fora a fundadora de Aldeas Infantiles e filla predilecta de Redondela. Non faltou a esa cita o seu viúvo Adriano Marques de Magallanes quen se mostrou emocionado sobre todo ao escoitar palabras de cariño e recoñecemento cara a que fora a súa muller. Así, o catedrático de Historia de Dereito da Universidade de León, Fernando de Arvizu destacacou na súa intervención a “enorme xenerosidade” de Rita Regojo, un esforzo, sensibilidade e compromiso que tamén lembrou Pedro Puig.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *