Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nenos e maiores conectan a través da cociña e da música

RR_Noticias

O Centro de Día Arela en colaboración coa asociación Xoeira organiza hoxe xoves e mañá venres dúas xornadas de actividades con rapaces de idades comprendidas entre os seis e os noves anos. O obxectivo é que os usuarios do centro, algúns de ata noventa anos, interactúen cos rapaces e compartan experiencias e coñecementos. Os nenos que estean interesados en participar deben chamar ao 986 403315.

Desenvolveranse actividades centradas na cociña e na música, obradoiros nos que os maiores trasladarán aos máis novos receitas e melodías que quizais os pequenos descoñezan. Estes encontros, que xa se veñen realizando no centro cos nenos das ludotecas, teñen efectos moi beneficiosos non so para os maiores senón tamén para os rapaces que poden así achegarse á terceira idade e vencer o estereotipos que asocian coas persoas maiores. Dende o Centro de día, Mª José Alvarez destaca que estas iniciativas , así como a participación dos seus usuarios na Festa dos Maios ou noutras actividades sociais, favorecen tamén que estas persoas se manteñan activas e favorece o seu benestar físico e mental.  

Mª José Alvarez Centro de Día Arela
Fálanos das actividades que grandes e pequenos faran hoxe e mañá

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará