Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O temporal deixa un regueiro de incidentes que obriga a intervir á Policía Local e o Grumir

RR_Noticias

Os efectos do temporal estanse a sentir tamén na nosa bisbarra con árbores caídas en diferentes puntos do concello e o corte no subministro eléctrico en A Formiga, Saxamonde e na zona de Igrexa en Chapela. Afortunadamente non hai que lamentar ningún incidente de relevancia malia que unha vallas do Centro de Día de Cesantes caeron sobre uns coches estacionados.

Na últimas horas os barrios de A Formiga en Cedeira, Igrexa en Chapela e a parroquia de Saxamonde permanece a escuras logo de que o temporal provocase o corte no subministro eléctrico.
Dende a Policía Local informan tamén da caída de árbores en diferentes punto do concello así como a caída de varias vallas do Centro de Dia de Cesantes que bateron sobre dous coches que se atopaban estacionados no lugar.
Pola súa banda, os axentes do Grumir tiveron que intervir na retirada de varias árbores caídas no camiño de Ponteareas no Muro e no Camiño do Cristo en Cedeira. Interviron tamén para retirar un cartel que estaba a piques de caer no Camiño de Angorén en Chapela e procederon á retirada de varios colectores que tiñan invadido a rotonda de Vilavella co conseguinte perigo para os condutores.
Outras das intervencións do Grumir levounos ata a rúa Prata para desatascar unha arqueta que estaba a provocar a inundación dunha vivenda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará