Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita que non se corte a electricidade ás persoas sen recursos

RR_Noticias

Reclaman o apoio do resto do grupos para lle solicitar á Xunta que realice as modificacións lexislativas necesarias para garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza. Demandan tamén do Goberno do Estado que non incremente o recibo da luz para o 2014 e solicitan a creación dunha tarifa eléctrica galega que, atendendo á condición de Galicia como excedentaria na produción de electricidade, posibilite unhas menores tarifas tanto para o consumo doméstico como para as empresas.

Dende o BNG entenden que ante a situación de pobreza na que se atopan 650.000 persoas en Galicia é obriga do goberno local non só garantir por medio da administración municipal e dos servizos sociais públicos o apoio as persoas que o precisaren, senón tamén impulsar diante do Estado e da Xunta iniciativas para que a prestación de servizos básicos destinados aos grupos máis desfavorecidos..
Lembran que un dos factores de vulnerabilidade para moitas familias galegas é a pobreza enerxética, e concretamente o subministro eléctrico as súas vivendas. Os datos referidos ao Estado español demostran que, antes de comezar a crise económica, o número de familias que sufrían un corte de luz polo impago do recibo era de 600.000, durante o ano 2012, foron 1,4 millóns de familias as que padeceron este corte no subministro.
Por este motivo o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da corporación municipal  que se lle solicite á Xunta que garanta o subministro eléctrico ás familias sen recursos e que demande ao Estado que non se incremente o recibo da luz no vindeiro ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará