Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela acaba o ano fóra dos postos de descenso cunha vitoria ante o Ereintza

RR_Noticias

O Solla&Cía lograba a vitoria nun partido disputado no pavillón de Chapela. 35-28 foi o resultado dun encontro que lles serve aos de Chapela para despedir o ano na decimo segunda posición da táboa na División de honra B. Ao regreso das vacacións espéralles o derbi na casa do Academia Octavio.

Unha vitoria a desta fin de semana moi necesaria para os de Chapela logo dun mes de seca e despois de dúas derrotas consecutivas. O conxunto de Fran Teixeira amosou moita imprecisión nos primeiros minutos do encontro o que facía temer un mal resultado. As cousas foron moi parellas entre os dous equipos que chegaron ao descanso cun 14-12 a favor dos locais.
Mantívose a igualdade na segunda parte ata chegar aos últimos dez minutos de partido que foron de dominio total para o Soll&Cia que logrou distanciarse no marcador ata o definitivo 35-28.
U/n mes de vacacións polo Nadal que serve aos de Chapela para preparar o derbi que disputarán ante o Academia Octavio ao seu regreso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará