Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova Redondela tende a man aos 17 expulsados

RR_Noticias

Entenden que o problema que levou a suspender de militancia a 17 persoas, logo de que montaran unha asemblea paralela e usurparan a identidade da formación nas redes sociais, radica en gran medida no feito de admitir a “militancia dupla”, é dicir, que haxa militantes de Anova que o son a súa vez doutras formacións políticas. Quino Vilas, membro da coordinadora local e nacional, entende que enfrontamentos como este “son froito tamén das dificultades propias de poñer en marcha unha organización aberta e horizontal”.

A suspensión de militancia de 17 persoas en Redondela prodúcese logo de que así o resolvese a Comisión Ética e de garantías ante uns feitos “demostrados” como son que un pequeno grupo “montara unha asemblea paralela, usurpara a identidade de Anova nas redes sociais e empregasen eses espacios para difamar a outros compañeiros”. Aseguran que en ningún caso a suspensión de militancia “debeuse a diferencias políticas ningunhas”. Malia todo, dende Anova tenden a man aos expulsados e aseguran que “as asembleas van seguir sendo abertas a todas as persoas que queiran achegarse na medida en que o fagan con interese de axudar e apoiar a unha organización que está en construcción”. Nun momento en que a maioría social está a ser agredida por unha ofensiva brutal dos poderes económico-financeiros, faise preciso construír unha fronte ampla de defensa do Ben Común na que “todas e todos somos precisos e non sobra ninguén”. Unha crise interna en Redondela que tamén se vive a nivel nacional con 4 dimisións esta mesma fin de semana logo do abandono do número dous de Anova, Martiño Noriega. Quino Vilas explica que, en gran medida, esta situación ven demostrar que se cometeu un erro ao entender que a militancia dupla era algo positivo para a organización pero insiste “Anova non está rota aínda que haxa moito que facer”. O futuro agora pasa polo reto das elección europeas e por lograr unha fronte ampla que volva contar co apoio da cidadanía. Iso si, a coalición con Esquerda Unida e a reedición de AGE que tan bos resultados deu nas últimas elección galegas, está a día de hoxe no aire.  

Quino Vilas membro da coordinadora local e nacional
Explica cales foron os motivos que levaron á suspensión de 17 militantes
Asembleas abertas
Tende a man tamén aos expulsados
Unha formación en construción
Nega que Anova estea rota
Futuro
A ollada está posta agora nas eleccíóns europeas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará