Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A efectividade do porteiro local evita un resultado positivo do Choco diante do Barbadás

RR_Noticias

Ata en tres ocasións o gardameta Marcos sacou os lanzamentos dos xogadores do Choco de debaixo dos paus. Os de Jacobo Montes volveron de baldeiro de terras ourensás nun encontro condicionado tamén pola expulsión de Saúl. Mellor sorte correron o resto de equipos da bisbarra, que gañaron os seus respectivos encontros na Segunda e Terceira Autonómica.

Terceira División
Barbadás 2-1 Choco
A primeira parte foi moi competida entre os dous equipos, pero con máximo protagonismo para o gardameta Marcos, que estreaba titularidade, e que tivo que intervir ante os disparos de Pablo Couñago, Manu Lojo e Yeray, con excelentes actuacións. Máis efectivas foron as ocasións dos locais, que nunha estratexia lanzada por Rafita e transformada en gol por Moisés, tras o toque do central César, poñía ao Barbadás por diante no marcador no minuto 36. Xa na segunda metade e co marcador en contra, os redondeláns arriscaron máis e tiveron o seu premio cun gol de Albert, que conseguía así a igualada no minuto 62. Despois o choque seguiu moi aberto, e o balón chegaban con perigo ás dúas portarías. A situación cambiou cando o Choco quedou cun home menos pola expulsión de Saúl no minuto 78, situación que o Barbadás aproveitou para dar o último empurrón. Catro minutos máis tarde Rafita lograba o que sería o tanto da vitoria para o locais, tras gañar en velocidade á zaga e adiantarse a Cortegoso nun pase en profundidade de Hugo. O Choco buscou o empate, sobre todo cando Nuno tamén foi expulsado nos últimos minutos, pero os de casa souberon manter a vantaxe e amarraron os 3 puntos. Malia o resultado o Choco mantén a 4ª praza, grazas ós resultados do resto de rivais directos, e está a tres puntos dos tres equipos que colideran a clasificación: Cerceda, Boiro e As Pontes. Tempo agora dun merecido descanso para os de Jacobo Montes, que volverán á competición o próximo 5 de xaneiro no campo do Pontevedra C.F.
Segunda Autonómica

Victoria 0-1 Choco B
O Choco B gañou pola mínima no campo do pechacancelas, o C.Victoria. Os redondeláns escalan así ata a 7ª posición da táboa. Na próxima xornada recibirán ao Nieto, da metade baixa do grupo.

Soutomaior 4-0 Pontecaldelas
Os de Soutomaior golean ao Pontecaldelas e seguen lonxe dos postos de descenso. Na próxima xornada xogan no terreo do C.Pontevedra.
Chispa 0-1 Arcade
O Arcade gañou pola mínima no campo do Chispa, equipo afundido no pozo da clasificación. O único tanto de Víctor subiu ao marcador na primeira metade do encontro. O Arcade é agora 11º, na próxima xornada recibe ao Zacande, un posto por riba deles.
Terceira Autonómica

Marcón B 0-8 Cesantes
O Cesantes escala dous postos na táboa, ata a 11ª praza, logo da goleada no campo do Marcón B. Na próxima xornada reciben ao At.Estación, da parte alta da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará