Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comerciantes e hostaleiros rexeitan o centro comercial de Canabal

RR_Noticias

Os asistentes á reunión celebrada onte no Multiusos amosaron o seu rexeitamento a un proxecto que entenden “vai supoñer destrucción de emprego e restará vida ao centro da vila coa desaparición da actividade comercial”. Critican a “falta de transparencia” en todo o proceso, tanto por parte da Asociación de empresarios como dende o propio concello, por querer aprobar unha recalificación de térrenos na que non se aclara nin o interese xeral nin a viabilidade económica do proxecto.

Foron moitas as voces que se escoitaron na tarde noite de onte nunha xuntanza na que se falou do proxecto de urbanización de Canabal que pretende racalificar unha parcela de 36.320 metros cadrados para a construcción dun centro comercial, 17 vivendas, un hotel e unha estación e autobuses, entre oturos servizos. Unha reunión á que asistiron un cento de comerciantes e hostaleiros quen amosaron o seu rexeitamento ao proxecto e acordaron como primeira medida crear unha comisión de dez persoas en representación de todos os sectores implicados. Unha comisión que comezará a traballar hoxe mesmo e que prevé solicitarlle ao presidente da Asociación de Empresarios, José Antonio Gómez que a reunión convocada para o vindeiro día 12 sexa a porta pechada, tan só cos membros da asociación. Os asistentes á reunión insistiron tamén en que os argumentos esgrimidos polos que defenden a construcción dun centro comercial son facilmente desmontables. Así, no que a creación de emprego se refire explicaron que “os postos de traballo que se perderían co peche de comercios locais non compensará os posibles empregos que se crearían nun centro comercial, empregos ademais de carácter precario”. Foi unánime tamén a opinión de que nestes momentos non hai demanda en Redondela para un centro comercial e descartan que algunha multinacional decida asumir o proxecto “tendo en conta que en Vigo e noutras cidades están pechando complexos destas características”. Valorouse tamén a posibilidade de facer unha campaña de promoción poñendo en valor as vantaxes do comercio local fronte ás grandes superficies. Volvéronse escoitar voces que reclamaban a dimisión do presidente da Asociación de Empresarios pola súa implicación na entidade Unión Comercial de Redondela, promotora do proxecto de urbanizacións de Canabal. Insistiron os comerciantes en que a posición de José Antonio Gómez a favor do proxecto “non representa o sentir maioritario entre os socios do colectivo empresarial que rexeitan dita actuación”.  

Falta de transparencia
os comerciantes entenden que non houbo información
Petición de dimisión
Critican ao concello e piden a dimisión do presidente da Asociación de empresarios
Destruiríase emprego
A eliminación de comercios non compensaría os postos creados no centro comercial
Non existe demanda
os comerciantes pensan que non hai demanda que xustifique un centro comercial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará