Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Fútbol Sala malla ao Garciaraujo.com

RR_Noticias

Clara superioridade para os de Redondela no encontro disputado esta fin de semana no pavillón de As Neves e que rematou co resultado de 0-6. Unha vitoria que os mantén na terceira praza da clasificación, posición que tentarán defender o vindeiro 7 de decembro na bomboneira ante un dos equipos fortes da liga, o Poio.

Saída complicada a que tiñan esta fin de semana os de Julio Mougán cuns primeiros vinte minutos onde os de Redondela non foron quen de dominar no marcador, cun xogo por momentos demasiado lento e certo nerviosismo en todo o equipo
Todo cambiaría na segunda metade, onde o Redondela Futbol sala xogou un dos mellores tempos do que vai de tempada con circulación moi rápida de balón e chegadas en superioridade que propiciou que os tantos foran caendo ata cegar ao definitivo 0-6 co que concluiría o partido.
Salientar tamén o esforzo defensivo, xa que unha vez máis a portería que defendeu Naka volveu quedar a cero.
Tres puntos que lle seguen dando o equipo un lugar de privilexio na táboa, son terceiros e na vindeira fin de semana reciben un dos equipos fortes, o Poio, equipo que está chamado a pelexar polos postos altos e que agora se sitúan na quinta praza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará