Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega ao Multiusos o espectáculo musical “A nena e o grilo nun barquiño”

RR_Noticias

Os espectadores gozarán este domingo ás 12:00 horas dunha aventura na que unha nena e mais un grilo van emprender unha viaxe que lles permitirá descubrir o mundo, as súas aventuras e os seus segredos. Con cancións de Magín Blanco, a obra está recomendada a rapaces a partir de dous anos. A entrada é de balde pero deben retirarse as invitacións previamente no propio Multiusos.

A solidariedade, o respecto á natureza e á identidade son algúns dos valores que transmiten os personaxes a través das súas propias peripecias e das letras das cancións que as acompañan. Magín Blanco estará no escenario xunto cun grupo de cinco músicos que farán vibrar aos máis pequenos coas súas contaxiosas melodías, os seus ritmos vibrantes e unha letras divertidas. Unha actividade que chega a Redondela da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística e incluída dentro do programa de Dinamización Lingüística FalaRedes, que  busca crear espazos de uso e de aprendizaxe en galego nos ámbitos do lecer e da cultural co obxectivo de reforzar o uso do galego entre persoas galegofalantes e facilitar e interacción en galego á poboación infantil e á mocidade castelá falantes.  “A nena e o grilo nun barquiño” ademais dun espectáculo musical é un libro-CD, un produto cultural que está a ter unha importante acollida do mesmo xeito que outras publicacións semellantes como Rosalía Pequeniña ou María Fumaça, que en breve podería ter tamén unha segunda parte. A actuación celebrarase o domingo día 1 ás 12:00 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde, aínda que é preciso retiralas previamente no propio Multiusos.  

Magín Blanco músico e compositor
Fálanos da historia que se agocha no espectáculo
Un sector en alza
Os libros-CD en galego contan co favor do público
Fomentar o uso do galego
Un bo xeito de achegarse tamén aos pequenos sexan ou non galego falantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará