Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nacionalista Olaia Fernández Davila explica en Redondela as consecuencias da reforma da lei local

RR_Noticias

O BNG organiza este venres no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas unha charla coloquio na que a deputada Olaia Fernández Davila exporá as repercusións que a reforma da lei local pode ter para o noso concello en concreto e para todos os concellos en xeral. Ao entender dos nacionalistas esta reforma suporá “unha ruína para a cidadanía”.

A reforma da lei que regula o funcionamento dos concellos e que pretende levar a cabo o PP supón segundo explican dende o BNG un empeoramento ou incluso supresión dunha serie de servizos básicos que se veñen prestando desde os concellos. Servizos tales como a asistencia social que se verá modificada, xa que as traballadoras e traballadores sociais pasarán a depender das deputacións, o cal reducirá a proximidade e rapidez de reacción precisas para este servizo.
Tamén os centros de día e as escolas infantís, que pasarán a xestionarse máis en base á rendibilidade económica en lugar da busca do benestar social e a conciliación da vida familiar e laboral.
Ademais privarase aos concellos da capacidade de establecer as prioridades de infraestruturas e planificación de actividades deportivas, información que se coñece mellor desde a proximidade da administración local.
Esta reforma engaden “pretende baleirar de competencias os concellos para concentralas nas deputacións provinciais, de maneira que aquela administración que está máis próxima á cidadanía non terá a capacidade de atender as necesidades inmediatas e concretas da xente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará