Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela demanda unha nova estación ferroviaria para a parroquia

RR_Noticias

Denuncian que dende Fomento se teñan esquecido dun proxecto cuxa redacción foi adxudicada en abril do ano 2012 á empresa Sociedade de Estudos do Territorio e a Enerxía. Esixen ao alcalde, Javier Bas, que xestione ante o Ministerio a construcción dun apeadeiro que lle permita a Chapela recuperar o servizo ferroviario.

A Asociación de Veciños que preside Angeles Méndez ven de trasladarlle ao alcalde unha carta na que lle solicitan que xestione en Madrid ante o Ministerio de Fomento  a construcción dunha nova estación de trens para a parroquia. No escrito lembran que o Ministerio comprometerase a construír un novo apeadeiro en Chapela cando se suprimiu o tráfico ferroviario polo centro da parroquia a raíz das obras do tren de Alta Velocidade.
O Departamento de Fomento adxudicou hai máis dun ano a redacción do proxecto de construcción de dita estación cun orzamento de 91.677 euros á empresa Sociedade de Estudos do Territorio e a Enerxía cun prazo de execución de dous meses e medio, sen que a día de hoxe se coñeza a existencia de dito proxecto
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará