Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco grupos actúan no Ventorock nunha xornada cargada de actividades diurnas

RR_Noticias

A parroquia de Ventosela acolle este sábado a VI edición do Ventorock no que participan os grupos de música Trapos Sucios, Liska, Noite Fechada, Aizu e os redondeláns Sete Cuncas. Un concerto que arrancará ás 22:00 horas aínda que as actividades comezarán xa de mañá cunha marcha ciclista previstas para as 11:00 horas. Durante todo o día haberá tamén actividades paralelas para grandes e pequenos.

Nesta sexta edición subiranse ao escenario un total de cinco grupos que nos achegan diversos estilos musicais coma o rock, o punk, o reggae e o rock bravú. Os concertos arrancarán ás dez da noite co grupo local Sete Cuntas que se fixeron merecedores de estar no cartel logo de resultar gañadores no II Concurso de Bandas Locais Ventorock deste ano. Pasarán polo escenario tamén os vigueses Liska cun repertorio cargado de ska, punk e reggae e o rock do grupo Trapos Sucios, chegados dende Muros. Haberá tamén oco para o rock enxebre de Noite fechada e os madrileños Aizu serán os encargados de pechar a xornada coas versións de Kortatu. Unha noite cargada de música que durante o día deixa tamén outras actividade xa dende a mañá cun roteiro organizado en colaboración coa Asociación Senghasoil que consistirá nun paseo familiar en bicicleta polas estradas de Ventosela. En total un percorrido de 5 kilómetros dirixido a todos os públicos. A partir das catro haberá xogos populares e actividade para os nenos da man da Asociación Xoeira que se encargará de ofrecer diferentes obradoiros para os máis pequenos Tamén durante a tarde Isla Le Triska presentará un divertido espectáculo no que combina disciplinas de Novo Circo como malabares, pallaso e equilibrios con excentricidades e xogos co público. Os asistentes poderán ademais degustar castañas de balde e cear no lugar onde se ofertarán racións a prezos populares de xamón asado e chourizos.  

Pablo Ubeira Ventorock
Fálanos dos grupos que se subirán ao escenario
Actividades diurnas
Haberá citas específicas para os nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará