Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de “hipocrisía” non considerar “prioritario” o patio cuberto do CEP Santa Mariña

RR_Noticias

O Grupo Municipal do BNG de Redondela considera que é unha hipocrisía política por parte da Consellería de Educación non considerar como “prioritario” a instalación dun patio cuberto no CEP Santa Mariña. Os nacionalistas lembran que se trata dunha vella demanda de toda a comunidade escolar deste centro.

O Bloque fai referencia á visita a Redondela do Xefe Provincial de Educación, César Pérez, que xunto co Secretario Xeral, Jesús Oitavén, presentou as obras de ampliación do CEIP Cedeira. Preguntado por esta Radio Municipal sobre a posibilidade de acometer tamén a construción do patio cuberto no colexio Santa Mariña, Pérez Ares afirmou que non se contempla. Explicou que debido á actual situación económica, a Xunta está a destinar os seus recursos a cuestións “estritamente necesarias” , e que a dotación do patio cuberto no colexio redondelán “non o é”. O BNG de Redondela denuncia que o goberno do PP si ten cartos para o ensino concertado, cunha achega de 240 millóns de euros, cunha partida de 3 millóns de euros a centros privados que segregan aos alumnos por sexos “mesmo incumprindo unha sentencia do Tribunal Superior de Galiza que declara ilegais estas subvencións”. O BNG entende que o investimento de 120.000 euros para o patio cuberto do CEP Santa Mariña si que é unha inversión “imprescindible, xa que serviría para protexer aos alumnos os días de chuvia, un fenómeno meteorolóxico habitual en Galicia, ” non en Andalucia, que é onde parece estar o señor César Pérez”.  

César Pérez Xefe Provincial de Educación
Pérez Ares xustifica que a Xunta non realice o patio cuberto por non ser unha obra prioritaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará