Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Antonio Gómez será reelixido como presidente dos empresarios

RR_Noticias

A Asociación de empresarios celebra este mércores ás 20:30 horas a asemblea xeral extraordinaria para a elección da Xunta directiva. A día de hoxe non hai presentada ningunha candidatura polo que, de non haber sorpresas de última hora, José Antonio Gómez continuará como presidente do colectivo, cargo que leva ocupando nos tres últimos mandatos.

Na Asemblea Xeral que se celebra hoxe mércores ás 20:30 horas salvo sorpresa inesperada, aprobarase a renovación de José Antonio Gómez ao fronte da Asociación de empresarios, logo de tres mandatos ostentando este cargo.
A Xunta directiva si confía en contar con novas incorporación que participen activamente dos órganos de goberno da entidade e acheguen novas ideas a unha estrutura asociativa “consolidade e respaldada polo éxito das súas actuacións”.
Dende a Asociación aseguran que a xestión dos últimos anos supuxo importantes logros para a entidade malia que se manteñen moitas das demandas que os levan acompañando nos tres últimos mandatos como a aprobación do Plan Xeral, o Polígono Industrial ou a supresión da peaxe de Rande “eternas reivindicación do colectivo que non teñen atopado o compromiso político necesario para a súa consecución”.
Entre os logros acadados destacan as accións de dinamización comercial que “lograron situar o casco urbano de Redondela entre os mellores centros comerciais abertos de Galicia”. No sector da hostelería apuntan a recuperación por parte da Asociación dun pápela activo na organización da Festa do Choco ou a posta en marcha da ruta do pincho “que en só dúas edicións conta cunha ampla participación de hostaleiros e clientes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará