Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pequeno tremor de terra déixase sentir en Redondela

RR_Noticias

O terremoto de magnitude 2,9 na escala Richter tivo o seu epicentro en Pazos de Borbén minutos antes das doce da medianoite segundo o Instituto Xeográfico Nacional. Unha hora ante producíase un incendio nun edificio na zona do Salgueiral que obrigaba a desaloxar o inmoble.
 

O movemento sísmico tivo o seu epicentro no lugar de Igrexa nas proximidades de Pazos de Borbén segundo información do Instituto Xeográfico Nacional. Malia a súa pequena magnitude, 2,9 na escala Richter, foron varios os veciños que sentiron o tremor  de terra que agás o susto inicial non provocou ningún dano.
Sí hai que lamentar danos nun incendio que se producía ás 22:53 horas de onte na rúa 8 de Marzo na zona do Salgueiral. Un lume nunha vivenda dun edificio de catro andares obrigaba a desaloxar o inmoble aínda que afortunadamente o lume foi sufocado e so produciu danos materiais na cociña eléctrica onde se iniciaba.
O fume afectou ao propietario da vivenda, afectado de asma, que foi trasladado ao Centro de Saúde de Redondela por unha intoxicación leve .
N lugar do suceso actuaron membros do Grumir de Redondela, do corpo de bombeiros así como axentes da Policía Local e nacional. O lume quedou totalmente sufocado 40 minutos despois de se iniciar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará