Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Semana esixente para o Choco coa visita ao Arousa e o partido co Bertamiráns en Redondela

RR_Noticias

O calendario da Federación de Fútbol marca esta semana unha dobre sesión. Os de Jacobo Montes xogarán o xoves no campo municipal da Lomba, en Vilagarcía, ás 21.00 horas. Case sen tempo para a recuperación o domingo reciben en Santa Mariña ao Bertamiráns. Dúas citas nas que tentarán sumar o maior número de puntos para acadar canto antes a permanencia.

Serán tres partidos en oito días os que teñan que disputar os pupilos de Jacobo Montes, pero confían en que o resultado sexa positivo. Ata o de agora o regreso da Terceira División só lles está a reportar alegrías, cuns números que están a superar as mellores expectativas. Son cuartos do grupo, a tan só tres puntos do segundo e terceiro (Cerceda e Ordes) e a cinco puntos do líder, o Boiro. Nesta semana con dobre xornada o rival máis complicado será o Arousa, 5º clasificado do grupo e co que o Choco está empatado a puntos. Son dous equipos que se coñecen ben, e o partido será “moi equilibrado”. En canto ao Bertamiráns, os redondeláns parten dunha mellor situación na táboa, pero o adestrador non se fía. Montes destaca a gran progresión do equipo coruñés, que a pasada xornada gañou no campo do Somozas. Con todo, o feito de xogar como locais favorece ao Choco, que volverá a Santa Mariña despois do debut da pasada xornada co Areas. Para o equipo supón unha “gran satisfacción” poder xogar diante do seu público na Terceira División, e aínda que as obras de mellora non están rematadas ao completo, xa adestran nas instalacións municipais. Agora están pendentes do alumeado definitivo e algúns traballos nas gradas  

Jacobo Montes adestrador
O Choco está a superar as mellores expectativas neste inicio de liga da Terceira División.
Calendario apertado
O Choco xoga dous partidos esta semana o xoves no campo do Arousa e o domingo co Bertamiráns en Redondela.
Obras en Santa Mariña
Os redondeláns xa puideron disputar o partido da semana pasada no campo de Santa Mariña aínda que obras non están rematadas por completo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará