Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sufrida vitoria para o Redondela Fútbol Sala

RR_Noticias

Un axustado 3-4 foi o resultado final que nos deixaba esta fin de semana o encontro disputado entre o Cereixa e o Redondela F.S. Os de Julio Mougán sitúanse no quinto posto da clasificación, praza que deberán defender o vindeiro sábado no Pavillón Municipal ante o San Martiño.

Os xogadores do Redondela amosaron a súa superioridade na primeira parte do encontro chegando ao descanso cunha vantaxe no marcador de 1-3. Malia todo os de Gondomar amosaron unha maior ambición na segunda parte do partido asediando con moito perigo a meta defendida por Naka, logrando recortar distancias no marcador e dando emoción ao encontro. A falta tan só dun minuto Dani daría tranquilidade aos seus anotando o cuarto tanto para os de Redondela. Con todo o Cereixa volvería achegarse perigosamente cun novo tanto nada máis sacar de centro. Un último minuto de infarto logo de que os locais apostaran pola figura de porteiro xogador asediando a portería ata o derradeiro segundo de partido.
Os de Redondela son quintos e na vindeira fin de semana teñen a priori un partido doado, reciben no pavillón ao antepenúltimo da categoría, o San Martiño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará