Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde celebra o Samain coa convocatoria dun rastrexo nocturno

RR_Noticias

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde organiza o I Rastrexo do Samaín na noite do 1 de novembro. Unha actividade que consiste nunha marcha polos montes e barrios da parroquia chea de probas e sorpresas e que está aberta a grande e pequenos, tan só hai que inscribirse no teléfono 615 306 302 ou no correo electrónico chandaspipas@gmail.com.

A marcha organízase en equipos de 2 a 6 persoas que, coa axuda dun mapa guía e unha lanterna, terán que percorrer un total de 4,5 km na noite do 1 de novembro. Ao longo do percurso cada equipo terá unha serie de probas que irán superando. Os equipos non saberán nin as probas nin o trazado da marcha ata que o vaian descubrindo as claves no seu mapa guía. Nesta primeira edición hai dúas modalidades: unha para adultos ou menores acompañados de adultos e outra para cativos. Esta segunda está deseñada polos arredores do centro Cultural Chan das Pipas e conta tamén con diferentes probas a superar. As persoas interesadas en participar deberanse inscribir previamente no teléfono 615 306 302 ou no correo electrónico chandaspipas@gmail.com. A inscrición é de 2 € para non socios e 1 € para socios do Centro Cultural e o único requisito para participar é levar calzado cómodo e roupa deportiva.  

Paulo Jablonski Presidente Centro Cultural
Explica en que consiste a actividade de rastrexo nocturno
Dúas modalidades
Poden participar grandes e pequenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará