Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Futbol Sala golea ao CAFyD

RR_Noticias

Partido cómodo para os xogadores de Julio Mougán que lograron unha avultada vitoria no encontro disputado na bomboneira ante o CAFyD. 8-0 resultado final dun partido no que os locais amosaron a súa clara superioridade. Os de Redondela desprázanse o próximo sábado ao campo do Cereixa.

Un arranque moi forte por parte do Redondela Fs, que permitiu colocar un 3-0 no marcador tan só tres minutos despois de iniciarse o partido. O equipo pontevedrés do 7ª 9 CAFyD non foi capaz de parar a saída en tromba dos redondeláns. Este resultado condicionou xa o resto do encontro.
A forte presión e o ritmo de partido imposto polo Redondela foi moi difícil de contrarrestar polos visitantes, Dani subía ó 4-0 ao marcador aos 10 minutos e deixaba xa o encontro sentenciado.
Na segunda metade o Redondela dedicouse a controlar o tempo de xogo e administrar a súa renda, mentres o CAFyD subía as súas liñas e incluso a falta de oito minutos apostaba pola figura de porteiro xogador, pero tampouco así chegaría o perigo a meta defendida por Naka nesta segunda metade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará