Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferida unha veciña de Redondela nunha carreira ilegal en Oia

RR_Noticias

Isabel Lloves, veciña de Redondela de 27 anos de idade foi unha das dúas mozas feridas nunha carreira ilegal de coches que se celebrou na madrugada do sábado en Oia. Asistían como público cando foron alcanzadas por un vehículo que participaba na carreira e se saía da estrada nunha curva.

Isabel Lloves rexenta o quiosco que se atopa nas inmediacións da pista da Xunqueira e o Multiusos de Redondela. Un traballo que non poderá desenvolver nos vindeiros días logo das lesións sufridas nun accidente que se producía na madrugada do pasado sábado en Oia. Esta moza de 27 anos de idade resultaba ferida mentres asistía como público a unha carreira ilegal. Atopábase xunto con outra moza no maleteiro dun coche Xsara Picasso cando un dos turismos participantes na carreira, un Renault Clío, saíase da vía nunha curva e impactaba contra elas. Afortunadamente ningunha das dúas feridas sufriron feridas graves, aínda que resultaron lesionadas nas súas pernas.
Ambas xa foron dadas de alta no hospital e o mozo condutor do vehículo foi imputado por un suposto delito de condución temeraria. Trátase de D.Q.P. de 23 anos e natural de Vigo.
Centos de persoas asistían na subida da Valga sobre as dúas da madrugada a ese espectáculo convocadas a través das redes sociais. Varias unidades de Tráfico patrullaban na zona, alertados pola convocatoria na zona, onde o próximo fin de semana celebrarase a proba automobilística Subida a Oia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará