Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Propoñen pagar impostos con traballos sociais

RR_Noticias

Esquerda Unida ven de presentar unha proposta encamiñada a facilitar que os veciños con dificultades económicas poidan pagar os impostos municipais desenvolvendo traballos sociais. Para que este troco sexa posible solicitan que se modifiquen as ordenanzas locais.

A formación política solicita que se modifiquen as ordenanzas municipais para poder aboar os impostos fraccionados en seis meses e que, no caso de que transcorridos eses seis meses a situación persoal do contribuínte non mellore, este poida compensar os impostos con axudas en beneficio da sociedade. Entenden dende EU que isto tamén axudaría ao Concello de Redondela a cumprir con traballos que agora non pode afrontar o 100% por falta de recursos.
Por iso dende EU fan un chamamento a xenerosidade política da corporación, sobre todo os que se consideran de esquerdas, para axudar á cidadanía a afrontar o pago das súas obrigas impositivas en tempos nas que hai unha “alarmante porcentaxe da poboación expulsada do mercado laboral, coas prestación sociais esgotadas ou a punto de esgotarse e condenados a entrar no limiar da pobreza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará