Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela futbol Sala empata na súa visita a Verín

RR_Noticias

O Redondela conseguía esta fin de semana traer un punto da localidade ourensá de Verín logo dun empate a dous tantos. Unha primeira parte de moito control por ambos equipo e unha segunda que foi de control redondelán. Encontro disputado no pavillón de Verín con boa entrada nas bancadas.

Encontro moi disputado e marcado tamén pola mala situación do firme que condicionou o xogo que nunha primeira parte foi de moito control por ambos equipos. Defensas altas, pero o campo facía difícil os desprazentos defensivos, posesións largas e poucas ocasións. A tres minutos para o descanso chegaría unha xogada clave, penalti a favor de Verín e expulsión de Borja por agarrar a un contrario, os locais se poñían 1-0 e o peor era que o Redondela se quedaba sen unha rotación.
A segunda parte foi de control redondelán, os locais quizás acusaron o desgaste dos primeiros vinte minutos. Jorge Alonso convertía un penalti para empatar o encontro, pero nada máis sacar de centro, de novo os locais tomarían vantaxe no encontro. Nos últimos dez minutos houbo ocasións nas dúas porterías, pero sería Miguel quen anotaría el definitivo 2-2.
Julio Mougán ,adestrador do equipo quixo destacar o debut de Pablo Lameiro, xogador do filial “o que amosa que a canteira está moi presente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará